UNIDAD

UNIDAD

jueves, 23 de abril de 2015

VISITA DA ESCRITORA PAULA CARBALLEIRA



 Os alumnos de quinto de primaria recibiron cos brazos abertos a visita de Paula Carballeira. A coñecida escritora, actriz e contacontos achegouse ao noso cole porque os rapaces leron o seu libro “CASAS”. Un libro de relatos e poemas que abordan o concepto da vivenda e a vida no seu interior en países moi lonxanos.

Puideron facerlle preguntas relacionadas co libro, pero non quedou aí a cousa, xa que Paula agasallounos con unha historia de misterio que mantiveron a todos os presentes en vilo. Unha actividade única que quedará nas memorias dos nenos e nenas.