UNIDAD

UNIDAD

lunes, 25 de mayo de 2015

VISITA DE SABELA NÚÑEZ A QUINTO DE PRIMARIA



O xoves 21 de Maio tivemos a oportunidade de contar coa visita de Sabela a autora de “O agasallo de Anya”. Sabela narrounos un conto ao redor do soño que unha noite tivera Xiana, unha viaxe a Ucraíña onde viven nenos sen as súas familias e aos que lle faltaban moitas cousas.

Tamén nos trouxo a Xiana, e con ela unha maleta cargada de recordos desa viaxe; un moedeiro con billetes e moedas; o diario na fradeliña de tea do pixama, algúns contos de alá, a carta tan emotiva da súa nai …

Rematamos a tarde coa firma dos libros. Moitas grazas Sabela!!!!!

www.agasallodeanya.blogspot.com